Escolares
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO coñecen aos seus titores e titoras de 3º da ESO
Por fin tivo lugar a presentación dos titores e titoras de 3º da ESO aos alumnos recén chegados ao centro. Esta actividade encádrase dentro do programa de titoría entre iguais (TEI) que o noso instituto leva posto en práctica desde o curso pasado. Un programa destinado a mellorar a convivencia e a previr o acoso escolar.
CHARLA INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO
Dorrío de Ourense, Ana de Portugal e Reka de Hungría falaronlle hoxe, 25 de setembro, ao alumnado de 1º de bacharelato do Servizo Voluntario Europeo. Presentarono como unha experiencia onde os adolescentes adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional.
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO 0 AO ALUMNADO DE 1º DA ESO
O director do IES VAL MIÑOR fixo entrega aos alumnos e alumnas de 1º de ESO do diploma que certificaba a súa positiva participación no curso 0 nesta primeira semana do curso 2017/18. Parabéns para todos e todas.
TRABALLO DA PRIMEIRA SEMANA DO CURSO
TES ATA O MÉRCORES DÍA 21 PARA PREPARAR A SEGUINTE ACTIVIDADE: VAS A TER QUE EXPOÑER, PRESENTAR..... ALGO QUE FIXECHES NO VERÁN:
POR EXEMPLO:UNHA VISITA A UN MUSEO OU UNHA EXPOSICIÓN.UN DEBUXO.UNHA NOTICIA DO XORNAL QUE CHE CHAMARA A ATENCIÓN. ALGO QUE CONSTRUIRAS COAS MANS.UNHA CANCIÓN OU UN BAILE QUE APRENDICHES.
UNHA RECEITA NOVA DE COCIÑA.UNHA WEB QUE NOS POIDAS RECOMENDAR.UN VIDEO DE YOUTUBE QUE QUEIRAS COMPARTIR CONNOSCO.ETC