Saltar navegación.
Inicio

CADEA DE RETOS PARA TODO O ALUMNADO DO INSTITUTO E AQUEL PROFESORADO QUE SE ANIME

Se clicas na imaxe poderás ver as explicacións desta proposta. A CADEA DE RETOS. 

O alumnado de 1º a 3º da ESO incluido, enviarán as súas propostas ao correo mlfouce@edu.xunta.gal, e o alumnado de 4º da ESO a 2º de Bacharelato que queira participar poderá facelo enviando as súas propostas ao correo educacionfisicavalminor@gmail.com. O profesorado poderá enviar o vídeo a calquera das dúas contas de correo. Iremos amosando os mellores retos.

Para participar o único que tedes que facer é o seguinte:(Lembrade que ao mellor é publicado, polo que se o enviades estades consentindo o uso da vosa imaxe)

  1. Abrir unha conta en googledrive
  2. Subir un vídeo a esa conta
  3. Darlle a compartir
  4. Copiar o enlace
  5. Pegar ese enlace nunha mensaxe de correo que enviaredes ao correo correspondente, en función do curso.