COMBAS 2020. E VALORACIÓNS DA 2ª AVALIACIÓN.
(Se clicas na imaxe poderás volver a ver o vídeo)
Bo día querido alumnado, botándovos de menos. Quería informarvos nestes momentos de incertidumes máis que de certezas, que as notas non son o máis importante, pero para que saibades sobre qué contidos foi tomada a decisión das vosas notas da 2ª avaliación, o Ministerio nos informa de que esta rematou o 13 de marzo. Polo que :
En 4º de ESO seredes valorados sobre o traballo desenvolvido nas clases para acadar os resultados das coreografías grupais de combas e o resultado final das mesmas. Na terceira avaliación xa se vos informará dos contidos e obxectivos mínimos da mesma.
En 1º de Bacharelato seredes valorados sobre o traballo de preparación das vosas coreografías grupais de aeróbic. O resultado estaba a piques de ser presentado, pero coas observacións diarias que facía valorarei o nivel acadado ata ese momento.
MOITO ÁNIMO PARA TODAS E TODOS.