PLAN DE TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO E 1º DE BACHARELATO
Aprezado alumnado é un momento difícil o que nos toca vivir. Desde o departamento de educación física transmitimosvos forza e ánimo. Como xa saberedes van ser bastantes días de confinamento e é por iso que se vos plantexa un plan de traballo para non quedarse quietos. Poderíades ir elaborando o deseño do traballo que sabíades que se ía a facer no terceiro trimestre "21 días para..." A idea é pensar e deseñar un reto motriz, que vos supoña esforzo. Para o que teredes que adestrar cando menos 21 días. Non teñen que ser seguidos. Teñen que ser 21 días de práctica para acadar o voso reto. Xa que estamos confinados poderíades plantexar de qué formas podemos manternos activos físicamente co que temos ao alcance das nosas mans. Estando na casa. É o momento de desempolvar esas bicis estáticas que estarán por algún recuncho, ou descubrir todas as posibilidades que me da un balón de Pilates, ou utilizar esa cinta de camiñar que está no garaxe desde fai tempo esperando a ser usada... Pensade nun obxectivo, pero un obxectivo ao grande, que non sodes pequeniños. E a por él.
Eu xa empecei. Collín a miña bici estática, un programa de spinning en youtube, neste caso Best cycling e a pedalear un pouco. Se non tedes este tipo de materiais, seguro que non hai ningún problema, porque tedes imaxinación. A modo de exemplo achégovos un vídeo con material que seguro que estes días teredes en casa. Polo menos os primeiros días. https://www.facebook.com/Tyla/videos/1819527811422648/
Se estades escasos de ideas, hoxe en día a tecnoloxía ofrece moitísimas posibilidades e apps para facer adestramentos coma por exemplo NTC ( de Nike, non quero facer publicidade, hai moitísmas podedes elixir libremente).
E un montón de enlaces que estes días circulan nas redes para facer exercicio na casa , déixovos un a modo de exemplo https://www.vitonica.com/entrenamiento/novato-total-asi-puedes-entrenar-casa-para-empezar-a-ponerte-forma
Novo enlace para esta semana
Outra suxerencia. Entrenar en casa con sillas, trapos, toallas .... A revista Sport Life fai esta proposta https://www.sportlife.es/blogs/unoaldia/articulo/yo-entreno-en-casa-dia-1-entrenamiento-con-sillas#pagina-2
Outra opción para traballar en casa o CORE. https://www.vitonica.com/entrenamiento/abdominales-a-punto-20-ejercicios-variaciones-plank-que-puedes-probar-durante-cuarentena
Se queres formar parte da cadea de retos proposta para o instituto, clica neste enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/?q=node/965
Para empezar a motivarvos a continuación achégovos uns vídeos de compañeiros de anos anteriores . E ao final, tedes instruccións de cómo elaborar o voso traballo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/?q=node/771
Agora tócavos a vós. En adxuntos deixo un documento explicativo de cómo elaborar o reto, e outro que é unha plantilla de seguimento dos días de adestramento realizados. Teredes que presentar no terceiro trimestre probas de que se realizou o traballo e o resultado final acadado, para iso podedes utilizar todas aquelas probas dixitais, que consideredes ; blogs, vídeos, fotografías... que amosen a ratifiquen o feito. Non hai que grabalo todo, simplemente coller algunhas probas. (Eses documentos por suposto serán confidenciais, simplemente serán para que poida avaliar este contido, e no caso de considerar que algo merece, ser coñecido polos compañeiros, pediríavos permiso por suposto)
Déixovos con Nadal, exemplo claro de esforzo e superación. E ánimo e forza.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
plan_esforzo_superacion.pdf | 556.72 KB |
calendario_reto.pdf | 311.71 KB |