Saltar navegación.
Inicio

III PREMIO MULLERES CIENTÍFICAS IES VAL MIÑOR 2020

(ENLACE para ver a retransmisión en directo do evento. https://youtu.be/i1j-5zi6DGw Clica)

IES Val Miñor celebra, o vindeiro luns 2 de marzo, o seu terceiro Premio Muller Científica. Nesta ocasión, a galardoada é a astrofísica Ana Ulla Miguel, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional, involucrada en proxectos de gran repercusión no campo da astrofísica. Ao longo da súa carreira ten participado en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis, polo que supón un honor que o noso premio conte con ela como a galardoada en 2020.
A hora estimada de comezo será as 17:00.

 

AdxuntoTamaño
para_paxina_ana_ulla.gif73.04 KB