25N no IES Val Miñor.
O 25 N desenvolvéronse de forma transversal actividades que visibilizaron a lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres. Entre elas estiveron as seguintes:
CIDADE E CIENCIA
O luns 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, unha das actividades que se levou a cabo no IES Val Miñor para o alumnado de 3º ESO foi un obradoiro sobre “As violencias sexuais entre a xuventude”, impartido por dúas investigadoras do CSIC que viaxaron ata Nigrán para concienciar aos e ás xoves das situacións sexistas que se dan ao seu arredor.
A través dunha clara exposición de ideas, de vídeos e da participación do alumnado deron conta de todas as violencias sexuais invisibles que se sitúan por debaixo da visible punta do iceberg: as violacións.
Cidade e Ciencia é un proxecto organizado polo CSIC a través dos concellos, que achega a ciencia a diversas localidades mediante interesantes actividades de divulgación (conferencias, exposicións, obradoiros...)
Outro dos proxectos que se desenvolverán no IES Val Miñor é a actividade “Ciencia Fricción, algo chirría na pantalla” que terá lugar os días 14 e 15 de xaneiro de 2020.
A CREACIÓN DUN LAZO MORADO CONTRA A VIOLENCIA, CHEO DE FRASES DE REFLEXIÓN
Os cursos de Bacharelato do IES Val Miñor sumáronse á celebración do 25-N coa formación dun lazo por grupo e a elaboración
durante os días previos de carteis para pedir a fin da violencia contra as mulleres. As cifras son arrepiantes: no que vai de ano 52
mulleres foron asasinadas polas súas parellas, 34 nenos quedaron orfos e puxéronse 80.000 denuncias.
Clica aquí para ver os carteis
O EMPAPELADO DO CENTRO CON CANCIÓNS
Nas titorías fíxose un traballo de reflexión de letras dalgunhas cancións, que posteriormente se pegaron nos corredores,
fomentando o pensamento reflexivo e crítico respecto as mensaxes que nelas aparecían.
A COLABORACIÓN NUN VÍDEO XUNTO AO CLUBE DE BALONCESTO NIGRÁN (Se clicas na imaxe poderás velo)
E COMO BROCHE O RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XOEL, ACOMPAÑANDO DE ÁNGEL
Tan pronto teñamos a letra adxuntarémola, porque a sensibilidade e talento son abraiantes. Se queredes ver a actuación clicade AQUÍ