DÍA MUNDIAL DA RCP: Reanimación cardiopulmonar
O mércores 16 de Outubro foi o Día mundial da RCP (Reanimación cardiopulmonar) e tivemos a sorte de contar con persoal médico do Hospital Álvaro Cunqueiro, que fixo talleres para o alumnado de 3º da ESO e para a comunidade escolar (Persoal do centro e familias) que se achegaron durante esta mañá para aprender esta manobra tan importante que salva vidas. Agradecer expressamente a Laura, David e Marta a súa adicación ao noso centro durante esta mañá de aprendizaxes tan relevantes.
A anécdota foi que Marta é ex-alumna do centro o que nos satisface dobremente. Se queres ver fotos destes obradoiros CLICA