PORQUE SER MAIOR NON SIGNIFICA DESFACERSE DO XOGO E DO NENO E NENA QUE LEVAMOS DENTRO.
O luns 17 o alumnado de 1º de Bacharelato A, disfrutou do seu merecido premio do concurso de Nadal. Foi unha xornada lúdica, divertida e chea de cariñas de ilusión que relembraban unha etapa de infancia que parece que xa lles queda lonxe, pero afortunadamente aparece de inmediato nesta activade. Facéndonos caer na conta da importancia do xogo e da risa nas nosas vidas. As cariñas de felicidade pagaron a pena. Por se queredes ver máis imaxes poderedes clicar na foto.