RUGBY EN PRAIA AMÉRICA
O martes 28 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato finalizou a unidade didáctica de rugby, cunha práctica de calidade na praia. Agradecer á Federación española e galega de rugby, que a través do seu programa GET INTO RUGBY, nos brindase a oportunidade de contar con Diego Dolan e a donación de material que fixo ao centro. Asemade agradecer ao Vigo Rugby a súa xenerosidade por estar aí sempre que se lles chama para facer esta sesión de aprendizaxe. A continuación unhas fotos da actividade, se clicas nelas poderás ver máis.