O alumnado de 2º de ESO coñece os TESOUROS DO VAL MIÑOR
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron a ruta: Un mar de area, un mar de sentidos. Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gayfar ata Ramallosa pasando polo Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e fauna do lugar. A ruta estivo guiada polo persoal do Obradoiro Valmiemprega III. Grazas a todos eles e elas pola súa iniciativa e interese.