Saltar navegación.
Inicio

SENDA SAUDABLE NO PATIO. POR UN PATIO ACTIVO. RE-CREO O RECREO.

O sábado 29 de setembro, o instituto foi testigo, da revolta das carretillas. Un proxecto que se leva xestando desde hai un ano, comeza a tomar forma e facerse realidade.

Nunha xornada de traballo duro, arrimamos os ombros, os rastrillos e as palas un grupo de nais e pais, alumnado e profesorado, para conseguir que o centro conte cunha senda saudable de 300 metros.

Cal é o obxectivo fundamental deste nova infraestructura. Pois conseguir que o alumnado poida ter máis posibilidades de adquirir un estilo de vida saudable e activo, a través das camiñatas que se poderá dar, durante os recreos ou as clases de educación física. Tentamos con esta senda saudable, que o alumnado se afaste do sedentarismo. A pandemia do século XXI, da que tanto nos alertan.

De todos é ben sabido que camiñar é bo. Pero bo para qué? pois para mellorar a nosa saúde cardiovascular entre outros moitos factores.

A todo isto hai que engadir a factor humano e social. Foi unha xornada enriquecedora, pois todos traballamos para conseguir un ben común.

Gustaríame manifestar gratitude a todos e todas os que están a facer este proxecto posible.