Saltar navegación.
Inicio

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO coñecen aos seus titores e titoras de 3º da ESO

Por fin tivo lugar a presentación dos titores e titoras de 3º da ESO aos alumnos recén chegados ao centro. Esta actividade encádrase dentro do programa de titoría entre iguais (TEI) que o noso instituto leva posto en práctica desde o curso pasado. Un programa destinado a mellorar a convivencia e a previr o acoso escolar.