PRESENTACIÓN ENTRE OS TITORES E TITORANDOS. POR FIN SE VEN AS CARAS, PARA COMEZAR CO PROGRAMA TEI.
O mércores 25, tras varias sesións formativas nas que o alumnado comprendeu e se implicou na participación deste programa de titoría entre iguais, fíxose a presentación entre o alumnado de 3º da ESO e o alumnado de 1º da ESO . Establecéndose esa canle de comunicación e de confianza tan importante.
Respirábase nerviosismo, pero tamén compromiso e por parte do profesorado expectativas moi altas respecto a esta iniciativa. Comeza a camiñar esta experiencia, que esperemos se poida continuar e axude a mellorar a convivencia no centro. Temos moitas esperanzas postas no programa.