INAUGURACIÓN DO CAMPO DE BOLOS CELTAS
Na semana das letras galegas, inauguramos o campo de bolos celtas no instituto, grazas a colaboración de distintas institucións e persoas. O concello, a federación galega de bolo tradicional, clubes como o clube de bolos do Ceán, Roberto xogador e pai de dúas alumnas do centro, o instituto e moitos máis que fixeron este momento posible.
Se queres ver máis fotos dese día CLICA AQUÍ
Publicouse a noticia en prensa. Se queres podes lela. AQUÍ
O IES VAL MIÑOR xa conta cun campo de bolos celtas Val Miñor. O 24 de xuño celebraranse os campionatos do mundo en Nigrán.
A promoción deste deporte farase desde o noso centro, pois cremos que debemos valorar o noso. Este deporte tradicional, forma parte da nosa raigame, do noso patrimonio cultural inmaterial, e tentaremos que nesta institución continúe vivo.