Saltar navegación.
Inicio

Programa re-creo o recreo

O obxectivo deste programa é fomentar o nivel de actividade física no tempo de recreo, e crear un espazo social de convivencia positiva.

Algunhas das actividades que se levaron e levan a cabo son as seguintes:

Organización de responsables de patio, que permitan un sistema de empréstito de material nos recreos e que axuden a organizar os distintos torneos.

Fixéronse torneos de baloncesto, tenis de mesa, fútbol...

Entregáronse premios

Foto dos gañadores

Creouse un equipo de fútbol, que tamén xoga nunha liga escolar en Baiona

Pódese bailar, incluso un baile formou parte do festival do entroido. Unha gran roda cubana.

O recreo é un espazo vivo, de interacción contínua e que pretendemos que sexa un espazo social de convivencia.

Nestes momentos o profesor Carlos mais eu, estamos pintando as liñas deportivas das pistas. Todo para que este espazo sexa vivo, activo, saudable e de interaccións positivas.