Saltar navegación.
Inicio

TRABALLOS MONOGRÁFICOS

p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120%; }

TRABALLOS MONOGRÁFICOS:

Á hora de elaborar un traballo, segue estas fases:

Localiza a información e selecciona o material axeitado:

Fíxate no que o profesor/a che pide que elabores. Anota os puntos máis

importantes sobre os que vai tratar o traballo. A continuación revisa a bibliografía e webgrafía que che facilitaron e busca outros medios (apuntes, xornais, revistas, etc.) que che poidan achegar máis información.

Estrutura o traballo:

Tes que facer un guión ou esquema no que aparezan os distintos apartados claves dos que vai constar o traballo.

A redacción:

Tendo como referencia o guión ou esquema, debes redactar o primeiro borrador, deixando marxe para a súa corrección. Unha vez reestruturado o tema, faise a redacción definitiva:

  • Evita as faltas de ortografía (se é preciso utiliza o diccionario ou corrector ortográfico)

  • Utiliza frases sinxelas, curtas e de fácil comprensión.

  • Para non repetir a mesma palabra utiliza sinónimos.

  • Para facer máis comprensible o texto utiliza debuxos, mapas,etc.

A presentación:

Debes seguir estas pautas:

  • Selecciona o papel que vas utilizar. O máis axeitado é o DIN-A-4.

  • As páxinas deben estar numeradas na parte inferior de cada folio.

  • Se o escribes no ordenador o interliñado debe ser de 1.5 liñas. Se o fas a man, cuida ao máximo a letra, sen borróns nin tachóns. Se está feito no ordenador vixía os erros de teclado,p.ex: palabras xuntas,letras omitidas...

  • En traballos de máis dunha folla, na primeira páxina fai unha portada onde apareza en letra grande e no centro o título do traballo e o teu nome e apelidos e curso, a tamaño normal (12 ou 14), na parte inferior.

  • Na segunda páxina figurará o índice, nel sinalarase a páxina onde comeza cada apartado.Cando só é un traballo dunha folla escribe o título do traballo e o teu nome e apelidos na parte superior.

  • Debes deixar as marxes axeitadas nos catro lados da folla.

  • Destaca os títulos de cada capítulo ou apartado (con maiúsculas, subliñando, recadrando…)

  • Os gráficos, esquemas, ilustracións, que se utilicen deben servir para destacar e aclarar as ideas básicas do traballo.

  • Se o traballo ocupa máis de dous folios hai que presentalo grampado ou suxeito cun clip.

  • Evita as faltas de ortografía: utiliza os correctores ortográficos.

  • Na derradeira páxina fai constar a bibliografía que utilizaches.

    Exemplo: PALLARÉS,E. (2014). Mellora o teu xeito de estudar. Madrid. Santillana.