Saída didáctica a Santiago de Compostela.
Visita a Santiago de Compostela o mércores 18 de Marzo con 50 alumnos/as de Historia da Arte e Historia de España de 2º de Bacharelato.
A visita consistíu nunha análise do período e estilo románico ao través do estudio do interior, as cubertas e o Pórtico de Praterías da catedral. Despois se fixo un estudio do Renacmento ao través de edificos como o Hostal dos Reis Católicos e outro do Neoclasicismo tomanso como referencia o Pazo de Raxoi.
A parte fundamental da visita consistíu no estudio do barroco compostelano dos Séculos XVII e XVIII en edificios tan representativos como a Caedral (fachada do Obradoiro, Torre do Reloxo, ...) a Casa do Deán ou a fachada do Convento de Santa Clara de Simón Rodríguez, principal representante do "Barroco de placas".