Saltar navegación.
Inicio

Aquapark de Amarante

O 15 de xuño, luns, fixemos efectiva a entrega dun premio que merecían aqueles alumnos que resultaran gañadores dalgún dos premios que foran convocados polo Instituto, ou ben que colaboraran de maneira desinteresada con algunha actividade das que organizamos, fóra do horario lectivo.

Acompañáronnos a clase de 4º A, gañadores do certame de vídeos de Nadal, un grupiño de alumnos de 1º de Bacharelato e 4º de ESO, gañadores do certame de comparsas de Entroido e colaboradores no acto de Graduación deste ano e varios grupos de alumnos de 2º e 4º de ESO, que pintaran varias das clases do Centro.

A iniciativa do Centro foi a de premiar a colaboración dos alumnos cunha experiencia e o resultado foi un día extraordinario. Qué ben o pasamos!!!

O Parque Acuático de Amarante, case á nosa disposición ese luns, permitiunos demostrar as nosas habilidades ximnásticas na modalidade “baixada de tobogán xigante”: de xeonllos, con saúdo incluído, de medio lado, con perda de control... Ademais, probamos tódalas baixadas que estaban á nosa disposición, competimos no tobogán de seis liñas e tamén aproveitamos a cámara da profe Adela para facer fotos subacuáticas e vídeos dalgunha das nosas baixadas en velocidade.

Aspectos positivos: o ambiente, a diversión, o comportamento de todos...

Aspectos negativos: o peche do tobogán máis grande, e a hora á que marchamos (moi cedo)...

Aspectos máis negativos: como somos sere vingativos, non aceptamos os aspectos negativos anteriores, e prometimos volver o ano que ven, co tobogán grande aberto e quedando algunhas horas máis... Dito queda!

Se queres ver as fotos que dan testemuña do dito, clica na imaxe.