Saltar navegación.
Inicio

GRAN DÍA NO GALIÑEIRO. ESCALADA, ORIENTACIÓN, SENDEIRISMO, RISAS, RETOS, SUPERACIÓN, AMISTADE,...

O venres 12 de xuño, realizamos unha saída ao Galiñeiro, para realizar distintas actividades na natureza: escalada, orientación e sendeirismo. Puxémonos a proba, e a experiencia foi moi positiva.

Esta actividade é a última que fará o alumnado de 1º de Bacharelato, na área de Educación Física, pois xa non volven a ter esta asignatura, no seu curriculum, de aquí en adiante. O meu desexo, é ter conseguido que valoredes e aprecies a actividade física,  e a incorporedes ao voso estilo de vida, para que sexa un estilo de vida saudable. 

Moita sorte , e seguimos véndonos polo instituto. Unha profesora, orgullosa do seu alumnado.

Se queredes ver fotos da actividade, non tedes máis que clicar na imaxe.