Saltar navegación.
Inicio

POÑENDO EN VALOR O NOSO. BOLOS CELTAS DO CEÁN.

O primeiro o agradecemento. Moitas grazas a Juan Antonio e Jairo, pola súa atención, e polo seu traballo para manter vivo un deporte tradicional, con tanto raigame no Val Miñor. A modo de anécdota, a pedra na que "plantamos" os bolos, tróuxose ao antigo campo da agrupación "A iniciadora", polo avó de Juan Antonio, xunto a un amigo seu, nun carro de bois, desde Monte Ferro. Esta pedra no 1972 trasladouse ao campo actual, no que pasamos a xornada de xogo de onte.

Foi unha mañá moi positiva. Plantamos bolos nas furas, birlamos, fixemos bolas mecas e outras non, .... e disfrutamos moito, tanto o alumnado coma o profesorado. Se queres ver máis, clica na imaxe.