Saltar navegación.
Inicio

Concurso de relatos de Santos e Nadal

CONCURSO DE RELATOS DE “SANTOS E NADAL”

“CONTOS DO BRIÓN”

O equipo de Normalización lingüística decidiu conceder, nesta edición de 2014, os premios aos seguintes relatos presentados:

  • No PRIMEIRO CICLO DA ESO concedéuselle o premio a un relato feito con imaxinación que nos leva da man por un percorrido de ficción ben construído ata un final que atrapa ao protagonista e ao lector.

Foi para o relato titulado: O portal ao inframundo pertencente a RUBÉN CAMESELLA (2º B)

  • No SEGUNDO CICLO DA ESO concedéuselle o premio a un relato ben narrado que se valorou polo que supón de recuperación do patrimonio oral, pois conta unha historia que se transmitiu de xeración en xeración.

Trátase do relato titulado: O dedo e o anel pertencente a VIOLETA GONZÁLEZ PÉREZ (4º ESO B)

-Nesta categoría concedéuselle un ACCÉSIT a un relato orixinal que consegue manter, con certa tensión, a intriga e o suspense ata o final.

É o relato titulado Azul ceo, de ANTÍA CUADRADO GRANDE (3º ESO B)

  • Na categoría de BACHARELATO concedéuselle o premio a un relato completo que achega tanto emoción como coñecementos de carácter filosófico, xeográfico ou histórico. Un relato con imaxinación e bo narrar que constrúe unha personaxe redonda e verosímil.

Trátase do relato Panta Rei (Heráclito de Éfeso), pertencente a LÚA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ (2º BAC A)

-Tamén nesta categoría entregóuselle un ACCÉSIT a unha historia realista e sentimental que fai un enfoque optimista da inevitable morte.

Foi para o relato Lazos vermellos de EVA MÉNDEZ SANTOS (2º BAC B)