VISIBILIZANDO E ROMPENDO ESTEREOTIPOS NO MUNDO DO DEPORTE
Este fin de semana, o sábado 10 de marzo, estreouse o documental Muller e deporte, documental feito polo concello de Nigrán cun loable obxectivo de visibilizar e poñer en valor as nosas mulleres deportistas.Tan pronto teñamos o documental completo o publicaremos, de momento, aquí tedes o avance. Xa está publicado o documemtal. CLICA este enlace https://youtu.be/Rcv6vHo8CKs
O 8 de marzo é o día da muller e non me gustaría esquecerme de amosar e demostrar, que o deporte feminino existe. Unha pequena escolma de imaxes e artigos, dirán máis que mil palabras.
Que aconteceu nos derradeiros xogos olímpicos de Londres? Se queres sabelo, CLICA
E no 2014 qué ocorre? CLICA
E en Río de Janeiro?
Quieres saber que aconteceu nas competicións de parellas de sincronizada, nas que finalmente puido participar Pau Ribes? CLICA
Este último vídeo, pretende poñer o acento, no camiño á inversa. Está igualmente aceptado, que os rapaces fagan cousas consideradas "de rapazas" que cando son elas as que fan actividades consideradas "de rapaces"?
Un alumno un ano adicoume unha reflexión moi valiosa e gustaríame compartila con vós. Dicía o seguinte: "A muller deixará de ser considerada o sexo débil, cando ao home se lle permita deixar de ser considerado o sexo forte".
É un obxectivo fundamental desta sociedade conseguir a CORRESPONSABILIDADE, para así ter que evitar usar términos como o de teito de cristal, supermulleres... e conseguir unha igualdade real e efectiva.
Pasiño a pasiño, continuamos no camiño.
Se queres ver o apoio ao deporte feminino no País Vaco, CLICA, son un modelo a imitar.
Documental, "Cuestión de pelotas" As mulleres e o fútbol. CLICA
Javier Fernández. Por que cres que te ensino este vídeo? CLICA
No seguinte enlace tes o historial deportivo de Javier Fernández. http://www.rtve.es/temas/javier-fernandez-patinador/72190/
Selección de artigos e material audiovisual para a reflexión CLICA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Enlaces_artigos_audiovisuais.pdf | 34.32 KB |
Traballo_muller_deporte_prensa.pdf | 261.51 KB |
rompendo_estereotipos.odp | 3.02 MB |
actualizacion_artigos.pdf | 233.98 KB |