Saltar navegación.
Inicio

Entroido no IES

Chegou o Entroido e con el as aulas e corredores do Instituto enchéronse de caras, máscaras e personaxes que non adoitan frecuentar estes lugares. A comunidade educativa en xeral perdeu a cabeza, como por outra banda é típico de estas datas, e tanto profesores como alumnos fixeron de todo para mostrar a sua ledicia.

Así como este ano houbo moitos máis alumnos/as disfrazados que en anos anteriores, o número de comparsas que se presentaron ao concurso foi reducidiiiiiiiiiisimo, tanto que ninguen quedou triste por non levar premio a pesares do esforzo levado a cabo para idear e ensaiar a comparsa. Só houbo dúas: unha de 1º de Bachararelato e outra por formada por alumnos e alumnas da materia de Historia e Cultura das Relixión de toda a ESO.

Fora de concurso houbo outras dúas comparsas. Unha formada por alumnos/as de 2º de Bacharelato que nos cantaron unha emotiva cancion composta por eles mesmos na que falaban dos seus sentimentos e angurias do curso e da selectividade, e outra ....... formada por profesores/as.

clica nas fotos e ........ veras os videos