Saltar navegación.
Inicio

Le fantôme de l'Opéra

SAÍDA TEATRO SALESIANOS e MARCO

O 6 de febreiro de 2015 ás 10h, 53 alumnos de francés de 2º, 3º ESO e 1º BAC, acompañados das profesoras Nuria e Cristina, asistiron á representación “Le fantôme de l'Opéra” versión teatral adaptada da novela de Gaston Leroux.

Con esta actividade aproveitamos para falar na clase da importancia do ROMAN POLICIER (chamado tamén «polar», e mesmo « rompol » en verlan) a finais do século XIX e principios do XX, mencionando autores e persoaxes, como Edgar Allan Poe (Auguste Dupin), Agatha Christie (Hercule Poirot), Conan Doyle (Sherlok Holmes), Maurice Leblanc (Arsène Lupin)... A súa influencia nas bandas deseñadas como Tintin, ou Mortadelo e Filemón.

En relación con esta obra, destacamos, a relación que ten a novela policíaca coa sección de sucesos dos xornais, poñendo de releve o contexto histórico coas descuvertas tecnolóxicas da época industrial e a súas influencias na sociedade.

Ás 11h15, cita no MARCO para unha visita á retrospectiva de Francisco Mantecón (Vigo, 1948). Unha vez alí os nosos alumnos foron invitados a asistir á unha rolda de prensa co alcalde de Vigo, Abel Caballero, que inauguraría a mostra “Port Authority”, proxecto do artista lituano Gintaras Didziapetris (Vilnius, 1985).

13h. Saída dende a farola de Príncipe para voltar ao centro

Máis fotos e videos do acontecemento