VISITA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN O 29 DE XANEIRO
OS ALUMNOS DE 1º ESO APRENDEN COMO SE TRATAN AS AUGAS RESIDUAIS NUNHA EDAR
A choiva persistente non foi un obstáculo para a visita á estación depuradora de Nigrán. Os alumnos de 1º ESO tiveron a oportunidade de observar todo o proceso que transforma as augas contaminadas que xeran os nosos fogares en augas depuradas que se verten ao mar.
Durante a visita explicáronnos os detalles dos distintos tratamentos aos que se somete a auga que chega ás instalacións e que retiran sólidos moi variados, materia organica e outros contaminantes. A monitorá da visita insistiu na cantidade de bastoncillos hixiénicos, compresas e outros restos que se arroxan ao water en lugar de facelo ao lixo como sería o adecuado, e reiterou porque estes residuos non deberían chegar á depuradora xa que dificultan o traballo de cribado e o tratamento. Tamén insistiu na diferenza entre auga depurada (a que sae da EDAR e pode verterse aos ecosistemas) e auga potable (esta última obtida só na estación de potabilización, EPA, onde a fan apta para o consumo).