Saltar navegación.
Inicio

EXCURSIÓN AOS XACEMENTOS DE ATAPUERCA E MUSEO DA EVOLUCIÓN EN BURGOS

Os días 3, 4 e 5 de decembro de 2014, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou por segundo ano a visita aos xacementos aqueolóxicos de Atapuerca e ao Museo da Evolución Humana en Burgos. Nesta ocasión participaron 16 alumnos e alumnas de bacharelato.

O primeiro día, visitamos a cidade de Burgos e coñecimos os seus principais monumentos e a súa historia mediate un divertido xogo de pistas.

Ao dia seguinte, fixemos unha interesante visita guiada aos xacementos de Atapuerca, o lugar con maior número de restos fósiles de homínidos do mundo, e posteriormente visitamos a Aldea Prehistórica e viaxamos coa imaxinación a través de dous millóns de anos de desenvolvemento tecnolóxico da humanidade. Alí, os alumnos participaron en diferentes actividades lúdicas sobre a fabricación de ferramentas, a pintura rupestre e a caza. Ese mesmo día pero pola tarde, fixemos unha visita guiada ao Museo da Evolución Humana na cidade de Burgos, donde aprendimos un pouco máis sobre a orixe e a evolución dos homínidos e tivemos a oportunidade de observar algúns dos restos fósiles máis importantes atopados nos xacementos, posto que este Museo e o único que expón as pezas orixinais, en lugar de réplicas. Ademáis, tivemos a sorte de coñecer persoalmente a un dos directores científicos do xacemento, Juan Luis Arsuaga, con quen fixemos unha foto.

Na viaxe de regreso, fixemos unha parada para visitar a Cova de Valporquero, na provincia de León, donde participamos nunha visita guiada na que puidemos apreciar as impresionantes formacións kársticas que alí se formaron durante millóns de anos.

       

Máis fotografias da viaxe [01] Máis fotografias da viaxe [02]