Saltar navegación.
Inicio

NO MAGOSTO DO INSTITUTO, O PATIO ENCHEUSE DE XOGOS POPULARES.

O pasado venres 14 de novembro, celebrouse o magosto no instituto, enchéndose o patio de castañas e xogos populares.  Xogamos ás buxainas, ás tabas, aos tres pés, á pelexa de galos, ás carreiras de sacos, aos zancos, á chave, á rá,  á soga-tira... A participación do alumnado e do profesorado foi alta, facendo que resultase unha xornada moi lúdica e onde recuperamos o valor etnográfico e cultural, dunha festa, tan propia coma o magosto. 

Curiosidades:

Sabíades que xa se ten coñecemento da existencia da buxaina, dende o 4000 a.d.C.? Atopáronse no río Éufrates buxainas de arxila. A civilización grega e romana, tamén xogou con buxainas.

Sabíades que hai unha escultura dunha nena romana, xogando ás tabas do ano 130-150 a.d.C.?

Coñecías este refrán?: " Polo San Martiño, trompos ao camiño, polo santo Amaro, trompos ao faiado e pola santa Olaia, trompos á borralla"

Se queres ver algunhas das fotos desa xornada, clica na imaxe.