Saltar navegación.
Inicio

RUGBY NO IES VAL MIÑOR

O mércores 1 de outubro, ás 12:00, o IES Val Miñor de Nigrán, recibiu a visita do club de rugby de Vigo, para promover este deporte entre os escolares de Nigrán.

Tivemos a sorte de contar coa presenza de  Joaquín Maguna, director das escolas deportivas do club, e antigo alumno deste instituto e Antía e Maru, xogadoras do equipo feminino do Vigo rugby.

Cando se menciona a palabra rugby, o ideario de imaxes que aparecen na nosa mente é o de montoneras de xogadores, xogadores enormes, fendas...Pero cando te aproximas a este deporte e o empezas a entender, decátaste, fundamentalmente pola filosofía que o envolve, do gran potencial que posúe.

Se queres ver máis fotos. CLICA NA IMAXE.


É unha ferramenta para a educación en valores como o esforzo, a superación, o compañeirismo, o traballo en equipo, o respecto máximo ao adversario e ao árbitro, que en mans de bos profesionais, como é o caso do club que nos visitou, nos prepara para a vida mesma. Apréndese a erguerse despois de cada caída, a empurrar e avanzar con enerxía, sumando esforzos cos compañeiros.
É un deporte épico, onde todos teñen cabida, os altos, os baixos, os gordos e os fracos. Onde a comunicación fluída entre todos os eslavóns da cadea que conforman o equipo é fundamental.

Se estás interesado ou interesada en practicar este deporte, podes solicitar máis información ao departamento (Adela ou Carlos),  pois o club deixou información ao voso dispor.