Saltar navegación.
Inicio

Visita do alumnado de 4º ESO de Baralla

O pasado 7 de outubro exercemos de anfitrións do CPI Luis Díaz de Baralla (Lugo), que nos devolveron a visita que lle fixeramos o curso anterior. Esta xornada de convivencia, argallada polo departamento de galego e o EDLG, tivo como obxectivo poñer a lingua en marcha entre a rapazada, xa que a mocidade do Val Miñor tivo a ocasión de escoitar a nosa fala cos seus iguais. 

Despois de saírmos do IES camiñamos a senda do río ata o Muíño recentemente rehabilitado do porto do Molle. Finalamente, tras resgardarnos da chuvia que nos sorptrendeu na camiñada, realizamos o percorrido da Praia dos afogados de Domingo Villar. En equipos con alumnado dun e doutro centro, procuramos os escenarios escolmados nos fragmentos dunha das novelas contemporáneas máis populares