O ALUMNADO DE 3º DE ESO ASISTE A CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL.
O alumnado de 3º de ESO asistiu hoxe, 10 de outubro, a celebración do día mundial da saúde mental invitados pola Asociación Avelaíña. No acto falouse da prevención do suicidio, do consumo de tóxicos e das novas tecnoloxías. Esta charla foi impartida por Alar Galicia. Finalizou a conmemoración coa actuación da monologuista Arantxa Treus.