Xornada de educación ambiental, deseucaliptización no parque forestal de Nigrán
O venres, 4 de outubro, o alumnado de 4 ESO participou nunha xornada de educación ambiental colaborando na deseucaliptización no futuro parque forestal de Nigrán. A xornada foi organizada polo concello e nela participaron ademáis do IES Val Miñor, o IES Proval e o CEIP de Panxón.
A actividade estivo dirixida por Carla e Samuel, traballadores da brigada forestal do concello, e polo alcalde de Nigrán, Juan González.
O parque forestal dos Matos é un proxecto que xa leva algúns anos en marcha. Trátase dunha superficie de 42 Ha, 8 cedidas pola Comunidade de Montes de Chandebrito e 34 cedidas pola Comunidade de Montes de Camos, que conformarán un gran cinturón verde formado por un bosque mixto de árbores frondosas e autóctonas. Para lograr este fin é necesario eliminar a gran cantidade de eucaliptos, plantas invasoras de caracter pirófito que degrada os ecosistemas, o solo, diminúen a biodiversidade e promoven a propagación de incendios forestais.
As actividades de educación e voluntariado ambiental son necesarias para lograr a participación da cidadanía na posta en valor e na conservación e protección dos espazos naturais.