Proxecto sobre o mosaico romano de Panxón
Este curso, na materia de Proxecto Competencial de 1º de ESO, levamos a cabo un proxecto sobre o mosaico romano de Panxón. En primeiro lugar, o alumnado investigou sobre os mosaicos en xeral, para despois centrarse no de Panxón, que ademais debuxaron por grupos en cartolinas. No segundo trimestre, recibimos a visita do profesor de historia e arqueólogo Gustavo Pascual, membro da Asociación para a Repatriación do Mosaico de Panxón, que nos deu unha charla moi interesante sobre como se elabora un mosaico, sobre o valor do exemplar achado en Panxón e sobre as peripecias polas que leva pasado dende que foi atopado ata a actualidade. E finalmente, no terceiro trimestre, e como colofón a todo o traballo previo, elaboramos unha reprodución do mosaico a tamaño case real con teselas de verdade.
Queremos agradecer a todas as persoas que botaron unha mans na realización deste proxecto, xa que, malia que comezou como un traballo dunha materia e dun curso concretos, ao final acabou involucrándose nel moito alumnado doutros niveis e profesorado doutras materias.
Podedes ver aquí abaixo as fotos de todo o proceso e do resultado final.