Saltar navegación.
Inicio

IES VAL MIÑOR NA CLASIFICACIÓN XERAL DE https://matematico.es DO CURSO 23/24

Un ano máis temos que felicitar ao noso alumnado de Matemáticas polo gran esforzo e os bos resultados que tiveron ao longo de todo o curso na competición organizada pola plataforma  https://matematico.es/

Finalmente, os grupos da ESO: 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 2ºC quedaron entre os primeiros postos na Clasificación Xeral por Grupos dos participantes de toda España.

A puntuación de cada grupo calcúlase coa media aritmética dos puntos logrados polo alumnado de grupo.

Mención especial merece Manu, alumno de 1ºA, que co seu bo traballo conseguiu aparecer na Clasificación Xeral Individual.