Semana do Cine Galego
Neste mes das Letras inzado de actividades (celebramos a Luísa Villata recitando e cantando, recibimos a autoras como Iria Misa e Raquel Castro, fixemos o roteiro Castelao por Pontevedra, convivimos en galego co CPI Luís Díaz Moreno de Baralla) iniciamos unha xeira de cine galego no IES Val de Miñor para achegarmos o audiovisual de noso ao noso alumnado. Neste primeiro ano de Cine en Galego polas Letras os cursos de 1º e 2º ESO van ver e debater sobre dúas películas ben diferentes, pero que han mostrar a versatilidade do noso audiovisual: Engurras para 1º ESO e Cuñados para 2º.
Acción!
EDLG