OBRADOIRO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE PARA O ALUMNADO DE 1º BACH
O 16 de maio, o alumnado de 1º Bacharelato recibiu unha clase "maxistral", impartida por profesores da Universidade da Coruña (CAFYD) e alumnos de doutoramento. A divulgación da ciencia, aplicada á valoración da condición física, conseguiu que o alumnado percibise o para qué, do que estudan en áreas como Física, Matemáticas, Bioloxía. Observaron e experimentaron coas leis de Newton, as derivadas, o coñecemento dos sistemas de obtención de enerxía (ciclo de Krebs, glucolise anaeróbica...) Identificaron coas probas realizadas, marcadores biosaudables, cal era o seu nivel de forza, a súa composición corporal, o seu equilibrio. Un dos momentos máis salientables foi a realización dunha proba de esforzo en directo, onde se observaba en tempo real, proxectado na pantalla, o que estaba a acontecer no corpo de Felipe, para a obtención da enerxía na realización do exercicio físico.