ÉXITO NA PARTICIPACIÓN NO PREMIO STEPHEN HAWKING. 2º PREMIO PARA ARIANE E EVA. PARABÉNS!
As alumnas de segundo de bacharelato Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba obtiveron un segundo premio na VI edición do Premio Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago polo seu traballo de investigación “Estudio de la presencia de microplásticos en la costa valmiñorana”. O traballo foi coordinado polo profesor do centro César Rodríguez López e tamén titorizado por investigadores do Instituto Español de Oceanografía-CSIC. CO de Vigo, Begoña Pérez Fernández e Gustavo Blanco Heras.
O proxecto consistiu na cuantificación, clasificación e análise de plásticos de tamaño inferior a 5 milímetros atopados en mostras de mexillón de rocha e en sedimentos intermareais de dous puntos da baía do Val de Miñor, un xunto ao espigón de Praia América en Nigrán e outro en Praia de A Barbeira en Baiona. Neste estudo comprobouse a presenza de microplásticos en todas as mostras, sendo as máis abondosas as fibras de PET, tereftalato de polietileno, moi empregado na industria téxtil e na fabricación de envases.
Outros tres proxectos de investigación realizados por estudantes do IES Val Miñor tamén participaron na final do citado premio, “Alcumes do Val de Miñor, tesouro inmaterial da xente do común”, de Paula López Hermida e Martín Rey Álvarez e coordinado pola profesora María del Pilar Fernández Gómez, “Estudo da poboación de berberecho Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758), da desembocadura do río Miñor (A Ramallosa, Nigrán)”, das alumnas Emma Nadine Josiane Brunel e Alicia Fernández Gefaell, coordinado polo profesor Juan José Hermida Lago, e o proxecto “Análisis de hidrocarburos aromáticos policíclicos en sedimentos costeros del Val de Miñor”, da alumna Lara Taboada Álvarez e coordinado polo profesor César Rodríguez López. Estes traballos tamén foron titorizados por profesores da Universidade de Vigo e investigadores do IEO de Vigo.
Os proxectos de investigación foron realizados polo alumnado dentro do programa STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxia) que se leva impartindo no centro dende hai catro anos.
Seguimento en prensa.
https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/04/23/estudio-microplasticos-costa-minorana-premio-101425874.html