A ESCRITORA SONIA MIRÓN VISITA O IES VAL MIÑOR
O mércores 3 de abril o alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de coñecer á escritora viguesa Sonia Mirón, autora de títulos como Si tú quieres, No son mariposas, son elefantes, Mi corazón en una caja de zapatos ou Un sol dentro de mí.
Sonia falounos da súa infancia, na que gozaba sempre da compañía dun libro, da súa adolescencia, na que comezou a escribir o seu primeiro diario, e tamén do seu presente, no que combina as dúas paixóns da súa vida: a escritura e a docencia. As dúas están tan ligadas que a principal fonte de inspiración para deseñar as súas novelas é o que ela mesma vive e ve diariamente no instituto no que traballa. Pero Sonia tamén nos contou algunhas anécdotas, como que o borrador da súa primeira novela, Si tú quieres, foi lida antes que ninguén polos seus alumnos; que todas as súas historias acontecen no mesmo instituto ou que no momento e lugar menos esperado -incluso camiñando coas bolsas da compra por unha rúa que te leva a un graffiti nunha parede- podes dar co título perfecto para a túa historia.
Grazas por visitarnos, Sonia!