Saltar navegación.
Inicio

Yolanda Castaño gaña o Premio Nacional de Poesía

A poeta compostelá Yolanda Castaño, cunha traxectoria prolífica e amplamente recoñecida en Galicia, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023 polo Ministerio de Cultura e Deporte polo seu poemario Materia, valorado polo xurado como "unha poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio".

Yolanda Castaño é unha autora polifacética que non circunscribe o seu labor á letra escrita, senón que gosta tamén de recorrer a outros medios visuais e audiovisuais. Conta con numerosas publicacións, tanto a título individual coma en colaboración con outros autores, e ten recibido numerosos premios en Galicia xa dende moi nova. A nivel estatal, este é o seu segundo galardón, pois xa recibira en 1998 o Premio da Crítica española por Vivimos no Ciclo das Erofanías. Ademais, compaxina a súa faceta de poeta co xornalismo e a televisión.

Velaquí un bo exemplo do traballo multidisciplinar de Yolanda Castaño: