Saltar navegación.
Inicio

Cuncha de Ouro en San Sebastián para O Corno

O cine en galego segue a triunfar! Despois de que As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, arrasase na última edición dos Premios Goya, o pasado sábado 30 de setembro a directora donostiarra afincada en Santiago de Compostela Jaione Camborda fixo historia no Festival de Cine de San Sebastián ao ser a primeira muller española en gañar a Cuncha de Ouro. Fíxoo coa súa segunda longametraxe, O Corno, rodada en galego e de produción galega. O filme, protagonizado pola bailarina porriñesa Janet Novás, que con este traballo debuta como actriz, está ambientado na Illa de Aurosa a comezos dos 70, pero trata un tema moi actual: o dereito ao aborto.

A película estréase en Galicia o martes 3 deste mes no Festival Curtocircuíto, e chegará ás salas o día 11. Non vola perdades!

Aquí podedes ler unha entrevista á directora e ver o trailer da película:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/10/02/span-langgl-nov...