BANCO DE LIBROS DA ANPA: INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR E PAGAR OS LIBROS
Xa podedes acceder a AMPA FÁCIL para solicitar os libros de texo para o curso 2023-24.
A data límite para introducir as peticións de libros é o venres 25 de agosto. Non se tramitará ningunha solicitude máis aló desta data.
IMPORTANTE: as familias que xa fixestes peticións, revisade o listado de libros solicitados, especialmente os de 1ª e 2ª Lingua Estranxeira, detectáronse erros.
Revisade tamén que tedes rexistrados a todos os vosos fillos no curso correcto.
Unha vez feita a petición, realizade o pago indicando no concepto o número de familia e os apelidos do/s alumno/s. Na páxina de inicio de AMPA FACIL figurará o resumo dos vosos datos co saldo a pagar, e o número de conta da ANPA.
Se algunha familia fixo o pago da cota da ANPA e no saldo figura sen pagar, que contacte connosco, estamos tendo dificultades para identificar o pago dalgunhas familias. Podedes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo:
anpaiesvalminor@gmail.com ou un Whatsapp ao teléfono da ANPA: 691 37 39 54