RECOLLIDA DE LIBROS PARA O BANCO DE LIBROS DA ANPA
DATAS DE RECOLLIDA DOS LIBROS DE TEXTO DOADOS Á ANPA
Estaremos na BIBLIOTECA do IES VAL MIÑOR para recoller os libros doados ao BANCO DE LIBROS DE TEXTO da ANPA, no seguinte horario:
-Mércores 26 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
-Xoves 27 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
Recollemos doazóns de libros con ano de publicación a partir de 2022 inclusive, que son os que podemos incorporar ao novo BANCO DE LIBROS DE TEXTO.
Agradecemos a vosa colaboración, que contribuirá a rebaixar a factura que a ANPA debe pagar polo stock inicial de libros necesario para poñer en marcha o proxecto.
Por cada libro doado ofrecémosovos un libro sen coste do novo BANCO DE LIBROS.
Excepcionalmente tamén se recolle o libro de francés de 1º ESO descatalogado, para entregarllos ao departamento de francés, que os xestionará directamente.
Queremos aproveitar para agradecervos a vosa excepcional resposta, xa que esta semana recolléronse numerosas doazóns, que axudarán a rebaixar a factura que a ANPA deberá pagar polo stock inicial de libros necesario para poñer en marcha este proxecto.
¡¡Moitas grazas pola vosa colaboración!!