Saltar navegación.
Inicio

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE DE GALICIA 23-24

Todo o procedimiento de preinscripción e matrícula está publicado na web da CIUG.

PRAZOS DE PREINSCRIPCIÓN (ver na convocatoria os prazos xerais e especiais).

XERAIS:
  • Preinscripción Anticipada (do 16 ao 30 de xuño ata ás 14 h).
  • Preinscripción en convocatoria Ordinaria (do 22 ao 30 de xuño ata ás 14 h.), Para o alumnado que supere a ABAU na convocatoria ordinaria do presente curso. 
  • Preinscripción en convocatoria Extraordinaria (do 19 de xullo ata 21 de xullo ata ás 14 h.). 

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN:

A solicitude e todos os trámites do proceso de acceso, se realizarán a través da plataforma NERTA, excepto determinado alumnado que deberá facer os trámites nos LERDs ou directamente na CIUG .

Todo o procedemento de preinscrición está explicado na convocatoria de preinscrición.

O alumnado deberá cumprimentar a solicitude en Nerta, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a titulación impártase en máis dun centro de Galicia.

Para ver como realizar a preinscrición en NERTA podes consultar este vídeo.

PRAZOS DE MATRÍCULA:
As datas de matrícula serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia.
Moi importante:

- A partir do 11 de xullo (data de inicio dos chamamentos) consultar o correo electrónico que figure en NERTA todos os días.
- Hai que utilizar o correo electrónico que permita identificar á persoa usuaria de Nerta.
- Revisar tamén o spam.

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA:
A formalización da matrícula realízase en liña accedendo ás ligazóns de cada unha das universidades de Galicia, os cales están dispoñibles na páxina web da CIUG.