Saltar navegación.
Inicio

IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra

Xa temos os poemas gañadores do IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval, IES Plurilingüe Terra de Turon, CEIP Carlos Casares, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, IES Primeiro de Marzo e IES Val Miñor, en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.

O acto de entrega dos premios terá lugar o día 15 de xuño no Auditorio de Gondomar ás 19:30 h. e contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Lembramos os premios:

  • 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
  • 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.

Ademais, os poemas premiados en cada unha das tres categorías serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Tamén se fará unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra e para a difusión dos traballos premiados.

Este ano cada participante debía entregar catro micropoemas en galego de temática libre; podedes consultar os poemas premiados nesta ligazón.

Parabéns a todo o alumnado participante e, en especial, ao noso alumnado: Elba Guntín e Miguel Rouco (mencións do xurado na categroia B), Nadia Pérez (2º premio na categoria C) e Lucía López (mención do xurado na categoria C). Boa anada de talento poético!