Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DAS LETRAS :TROBAR-DOS NO IES VAL MIÑOR

TROBAR-DOS 18 DE MAIO BACHARERATO de M Xose

Con motivo da conmemoración da Semana das Letras Galegas no IES VAL MIÑOR adicada a Francisco Fernández del Riego, visitaron o noso centro Anxo Abalde e Alfredo Pérez Romero.

Presentaron unha actividade baseada no temario de primeiro de bacharelato. Cunha metodoloxía interactiva que implicaba a participación do alumnado nas cancións, fixeron un percorrido dende a

Idade Media, con algún texto en latín vulgar, cantigas de Martín Códax, García de Guillade, Fernán Furado, Pedro García Burgalés, Meendinho,... Mencionaron figuras femininas coma as soldadeiras,

María Balteira, María Soliño,...

Fixeron unha parada no século XVI coa primeira escritora culta en galego, Dona Isabel de Andrade co seu soneto Aracana.

No século XVII interpretaron unha panxoliña característica da literatura popularizante da época.

Para finalizar no Prerrexurdimento e Rexurdimento coas figuras e Manuel Pintos, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. Salientamos a musicalicalización dos poemas xa

coñecidos con outros ritmos coma o blues.