Saltar navegación.
Inicio

SOMOS ESPAZO CARDIO PROTEXIDO

O centro conta cun Desfibrilador, esta é unha moi boa noticia, que se fixo realidade grazas á sensibilidade do concello, que  nos dotou deste aparello tan valioso, trala petición realizada . A intervención nos primeiros minutos dunha parada cardíaca é fundamental para salvar vidas. Toda a comunidade educativa debe coñecer que o noso desfibrilador está ubicado no corredor da primeira planta, XUSTO AO CARÓN DO ASCENSOR, pois nunha situación de emerxencia contar con este aparello, supón unha enorme diferenza.

A continuación simplemente amosamos un argumento de forma visual, para que non cruces os brazos, se non que cruces os dedos e inicies a manobra de RCP:

Tempo de supervivencia en relación ao tempo de inicio das manobras de RCP. (Gráfica tomada de https://fundacionfic.es/salvar-vidas-esta-en-tus-manos/)

Cada minuto que pasa sen actuar, baixa a supervivencia un 10%. Unha ambulancia tardará cando menos 8 minutos en chegar. Fíxate na tasa de supervivencia aos 12 minutos. Polo tanto a intervención inmediata dos que presencien unha parada cardíaca é fundamental.

O centro, a través do departamento de educación física leva impartindo formación ao seu alumnado desde 3º ESO a 1º Bacharelato, así como ao profesorado interesado,  en primeiros auxilios, desde fai anos. No seguinte enlace se eres curioso/a e queres aprender, aquí tés material que pode resultarche útil CLICA