PERCORRIDO DA ESMORGA. ALUMNADO DE 4ºESO
Despois de achegarse á lectura da esmorga, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de coñecer o percorrido dos protagonistas esmorgantes na cidade das Burgas. Seguindo os lugares onde se sitúan as oito placas conmemorativas, puidemos lembrar momentos emblemáticos da obra. Aproveitamos a visita para coñecer diferentes aspectos, históricos e arquitectónicos da catedral de Ourense. Posteriormente, puidemos gozar da contorna e dun merecido baño nas augas das termas de Outariz, despois dunha prolongada e inesperada camiñata. Para rematar, xa de volta, paramos na vila de Ribadavia para ver o castelo dos Condes de Ribadavia, no interior do cal se celebra, no mes de xullo, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, un dos máis importantes de Galicia. Así mesmo, paseamos polas rúas empedradas da espléndida xudería da vila, declarado Monumento Nacional, que nos achegou ao pasado dela, cando cristiáns e xudeus convivían en harmonía. E quedo coa expresión "en harmonía" para describir a grata saída co alumnado. CLICA para ver as fotos