Saltar navegación.
Inicio

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

A ESCRITORA MARÍA CANOSA ENCÓNTRASE COS SEUS LECTORES DE 1º E 2ºESO

A autora de Cee, unha das voces máis destacadas da literatura galega actual que vén de publicar o seu 50º libro, visitou o noso centro para falar co alumnado de 1º e 2º ESO, que leran A cazadora de estrelas e Muriel respectivamente. As compañeiras de 1º Alba e Xoana fíxéronlle unha presentación ben profesional.

Mais a charla non xirou unicamente arredor da trama destes libros. Houbo tempo para sabermos como é o seu quefacer de escritora e como o conxuga coas demais facetas e tarefas da súa vida. Tamén falamos doutros libros, de educación, do galego, da descuberta das mulleres que foron silenciadas na historia... un encontro moi entretido que sempre lembraremos con agarimo pola simpatía e amabilidade de María. Foi un gustazo. Graciñas María!!!

AdxuntoTamaño
IMG-0837.jpg1.35 MB