Saltar navegación.
Inicio

VIAXE A CELANOVA

Saímos do instituto ás 9:00 da mañá. Mentres estabamos no autobús explicáronnos o que iamos facer alí durante todo o día; case todos observamos os cambios da paisaxe, sobre todo o aumento do caudal do río Miño, deixamos a Ourense pola esquerda refuxiada co seu río e entramos en Celanova.

Impresiona moito a fachada posterior do mosteiro de San Salvador (popularmente chamado San Rosendo): está formada por dúas plantas que alternan fiestras e balcóns, onde atopamos as habitacións dos monxes. Entramos na ampla praza que preside o mosteiro e que se divide en tres partes: a primeira está á esquerda que corresponde á parte eclesiástica, a central corresponde aos servizos municipais e á dereita ao IES de Celanova, instituto que conta con máis de 300 alumnos.

Antes de comezar a visita de todo tivemos 10 minutos para explorar un pouco a praza, comer ou incluso falar con outros institutos que tamén estaban de excursión. Pasados os 10 minutos fomos á Casa dos Poetas, alí atopámonos coa nosa guía. Como as salas eran un pouco pequenas separámonos en dous grupos, mentres a guía lle ensinaba as cousas e explicaba ao outro grupo, nós exploramos un pouco a planta baixa e a terraza de arriba: abaixo había un ordenador para escoitar as cancións ou poemas dos poetas máis famosos de Celanova, Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro; a terraza era moi grande e ampla e noutra sala había un cuarto con cadeiras e ao fondo unha cociña do século XVI. Tamén vimos na na última sala que exploramos unha película de todo o que aconteceu naqueles anos.

Despois fomos ao Mosteiro de San Salvador. Alí o guía explicounos a evolución do mosteiro ata os días de hoxe. Había un patio cunhas terrazas e balcóns impresionantes; dende o patio fomos ver o órgano e a verdade é que o son era moi impresionante asó como o ben que tocaba a rapaza. A parte que máis me gustou foi cando tocaba o Titanic, soaba moi ben, e puidemos tocar con ela. Despois as profes deixáronnos ata as 15:15 para ir xantar.

A continuación déronnos un papel con versos dos autores que vimos na Casa dos Poetas. Tamén nos ensinaron a parte da igrexa, era moi bonita e as virxes eran moi impresionantes; explicáronnos un pouco a a rquitrectura da igrexa e fomos onde antes encerraban os nenos, era un tipo de prisión feita de pedra. Alí lemos uns poemas e fomos ao instituto. No instituto ensináronnos a biblioteca, unha xoia que é moi famosa e gañou varios premios; deixáronnos ir ao baño, ver a biblioteca e un pouquiño do instituto, onde se gravou a famosa serie de Netflix “A desorde que deixas”.

Máis tarde fomos a Vilanova dos Infantes, que dende 1927 forma parte do concello de Celanova. É unha aldea pequena, alí dividímonos en dous grupos: primeiro vimos a torre medieval que tiña moitos pisos en cada un o guía explicounos a súa historia. Cando chegamos ao alto, vimos as vistas ao Castromao e intercambiámonos co outro grupo par ir visitar unha adega subterránea. Unha vez rematada a visita collemos o autobús e chegamos ao instituto para retornar ao Val de Miñor sobre as 19:20.

Para min foi unha excursión estupenda, sen dúbida repetiríaa de novo, e a miña anécdota foi que case todo o mundo pensaba que non falaba e estrañáronse cando falaba cos do instituto de Lugo. A parte diso fixémonos amigos e coñecemos moitas cousas novas.

      Nayara Carrera 3ºESO