Saltar navegación.
Inicio

Intercambio con alumnado de Manchester na Serra da Groba

A finais de marzo 12 alumnos e alumnas de secundaria do Loreto High School de Manchester visitáronnos dentro dun programa de intercambio no que participa tamén o noso alumnado de 4 de ESO.

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o luns 27 unha saída á Serra da Groba e Oia, onde tamén visitaron o mosteiro cisterciense. Contamos coa colaboración de Xilberte Manso, membro do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) quen nos acompañou durante toda a xornada.

Na visita á Serra da Groba fixemos un pequeño percorrido polos altos da Groba onde falamos da importancia das pozas estacionais como a Poza Negra ou a Poza da Gabiñeira que supoñen un recurso hídrico primordial para os garranos e demaís especies silvestres, especialmente especies de anfíbios como o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) que atopa nestas pozas un importante acubillo que fai singular esta poboación na provincia de Pontevedra.

 

Dende a caseta do Montouto o alumnado pudo contemplar a impresionante paisaxe da costa atlántica de Galicia xa que o día claro permitíunes ver ata Fisterra. Alí falámoslle da importancia da paisaxe, das ameazas  que supoñen os varios parques eólicos proxectados na zona e fixemos unha interpretación do relevo en termos da evolución xeolóxica da contorna dende a Oroxenia Hercínica hai uns 350 millóns de anos.

 

Posteriormente desprazámonos ó curro da Valga onde Xilberte, gran coñecedor dos garranos da Groba, explicou como e para qué se celebran os curros, verdadeiras xoias da noso patrimonio etnográfico.

 

Camiño de Oia visitamos os patróglifos da Pedreira, gravados rupestres da idade de bronce, hai uns 4.000 anos.

 

Xa pola tarde, en Oia, visitamos o interior do Real Mosteiro de Oia a quen lle agradecemos, especialmente a Sara e Consuelo que nos abrisen as portas desta impesionante figura arquitectónica que data do século XII e que está catalogado como un Ben de Interés Cultural (BIC) en 1995.

  

O noso alumnado devolverá a visita viaxando a Manchester no mes de setembro deste mesmo ano.