Saltar navegación.
Inicio

TONHITO DE POI

A CAFETARÍA DAS ESTRELAS INAUGUROUSE CON TONHITO DE POI

 

O venres 11 de novembro, coincidindo coa festa do Magosto no centro, tivo lugar a primeira emisión do programa “A cafetaría das estrelas”. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con Tonhito de Poi , fíxonos pasar unha xornada divertida e emotiva na que compartiu connosco momentos especiais da súa vida que nos invitan a reflexionar e tomar conciencia do noso paso polo planeta.

 

Moitas grazas Tonhito por compartir connosco un anaco do teu tempo!

 

A cafetaría das estrelas non sería posible sen o alumnado de 3º de ESO que traballou, dende as materias de Lingua Galega e Proxecto Competencial, para que a emisión deste programa sexa unha realidade e non quede nunha simple intención.

 

Esperamos seguir tendo novas emisións do noso programa!